Restaurante Restaurante2 Restaurante3

Produtos da Serra do Caurel.

 

A NOSA CARTA O NOSO FORNO DE LEÑA

As patacas veñen da Cutela. As acelgas e os grelos, para as nosas empanadas e revoltos, veñen de Esperante e Piñeira. Os chourizos facémolos cos porcos que cría Pepe con verdura, cebada e castañas. A carne de tenreira sérvennola as carnicerías locais. A caza, os cazadores do couto do Caurel Alto, e cando eles non teñen, traémola dos Montes de Toledo. Os queixos artesanais de Veiga de Forcas. Os ovos campeiros, tan escasos e apreciados, veñen de moitas das nosas aldeas, dende Seoane ata Romeor. Pero cando non é posible abastecernos na Serra do Caurel, seguimos procurando produtos da montaña. Así, as troitas veñen de Baralla e algúns dos nosos embutidos do Oribio de Samos. E as castañas, de onde van vir as castañas no Caurel?

Con todos estes produtos elaboramos os sinxelos pratos que compoñen a nosa carta.

Para incrementar a nosa oferta culinaria, á vez que afondar nas raíces do noso contorno, en 2012 construímos un forno de leña. O forno está plenamente integrado no exterior do bar, co que se pode ver e gozar de todo o proceso de cocción tradicional. Por encarga asamos letitóns. Tamén facemos unhas empanadas das de antes, entre as que destaca a popular empanada de acelgas do Caurel. E como non, o pan. Ver saír o pan do forno énchenos de sensacións indescritibles por máis que repitamos día tras día.

E cada vez que cocemos, coa masa sobrante, Maribel fai o pan frito que de nena lle daba a súa avoa. Tedes que probalo!!

A NOSA CARTA CARTA ESPECIAL GRUPOS
(+ 12 PERSOAS)
CARTA FORNO DE LEÑA

Acampar | Bungalows | Restaurante | Servizos | Grupos | Como chegar | Senderismo | Caurel | Reservas e Contacto | Enlaces