Servicios Servicios3 Servicios2
Piscina de 6x14m e 1,25m de profundidade. Recinto pechado de 600 m2 para descansar ao sol, ou á sombra das árbores.
Parque infantil con bambáns, escola e cabana para xogar ao que se lles ocorra. Punto de encontro para nenos e pais.
Zona de merendeiro de 450 m2 con mesas de lousa e grellas. O uso das grellas está condicionado á normativa de incendios.
Servicios4 Servicios5 Servicios6
Cafetería e recepción. Punto de información para facilitar o goce da Serra do Caurel e a estancia nas nosas instalacións.
Wifi na cafetería e terraza. Os que teñen que traer traballo, ou os fillos adolescentes, tamén poden gozar do Caurel.
Pequena biblioteca, para cando se bota de menos un libro. Libros sobre O Caurel. Autores locais e contos infantís.

Acampar | Bungalows | Restaurante | Servizos | Grupos | Como chegar | Senderismo | Caurel | Reservas e Contacto | Enlaces